Introducción

Benvidos a 'Gallaecia Fulget', o 'fanlisting' da Comunidade Autónoma de Galicia (ou Galiza).

Un "fanlisting" é un lugar para que tódolos afeccionados a un tema: programa de t.v., escritor , película, actor, canción, obxecto, comida, o que sexa, se xunten para formar a maior lista de persoas ás que lle guste ese tema.
Se che entusiasma algo relacionado con Galicia, estás convidado a te apuntar e a vires tantas veces como queiras para botarlle un ollo ó material extra que irei engadindo pouco a pouco.

Pulsa sobre os títulos da dereita para averiguares máis cousas sobre o listado e o que hai que facer para apuntarse.
Que o gocedes :)

O sitio foi construído e está administrado por min, Calítoe.:..
As imaxes editeinas en Paint Shop Pro a partir de fotografías miñas e doutras que atopei en Internet; algunhas son reproduccións de obras de Castelao.
Este sitio non é máis que unha contribución por e para amigos de Galicia. Non pretendo violar ningún copyright.

© 2006 C.:. a no ser que se especifique lo contrario.
XHTML / CSS